Achegándonos ao traballo do persoal investigador: novas publicacións
ECOBAS conta con máis de cen persoas no seu equipo investigador traballando no eido da sustentabilidade económica, ambiental e social. As nosas investigadoras e investigadores cóntanche en qué consisten as súas publicacións máis recentes.
Adolfo Carballo Penela
Artigo: “Effects of personal environmental awareness and environmental concern on employees’ voluntary pro-environmental behavior: a mediation analysis in emerging countries“
O fomento de comportamentos a favor do medio ambiente do persoal no lugar de traballo pode contribuír a reducir o impacto ambiental de empresas e organizacións, ademais de mellorar o seu desempeño medioambiental e económico. Así, diferentes estudos teñen analizado os factores organizativos e individuais que propician o desenvolvemento de comportamentos proambientais voluntarios do persoal no lugar de traballo. Esta investigación céntrase no papel de dous factores individuais, a conciencia medioambiental e a preocupación polo medio ambiente, analizando os mecanismos que propician que ambos factores contribúan a desenvolver comportamentos proambientais voluntarios no lugar de traballo. Os resultados destacan o papel de dúas variables mediadoras: a paixón polo medio ambiente do persoal e os seus valores e actitudes cara o medio ambiente.
Saifulina, N., Carballo-Penela, A., & Ruzo-Sanmartín, E. (2022). Effects of personal environmental awareness and environmental concern on employees’ voluntary pro-environmental behavior: a mediation analysis in emerging countries. Baltic Journal of Management, DOI: https://doi.org/10.1108/BJM-05-2022-0195
*Nesta publicación Adolfo Carballo Penela comparte autoría con Nailya Saifulina e Emilio Ruzo-Sanmartín, da Universidade de Santiago de Compostela