A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo asinan a creación da cátedra institucional do Bo Goberno Local
Este acordo busca a mellora da xestión pública galega, a través da inversión de 110.000 euros
A colaboración entre ambas institucións implica a Red Localis, entidade investigadora e de tranferencia de coñecemento. Este Think tank, creado en 2015, está formado por profesorado e persoal investigador universitario, así como por profesionais que traballan no contexto do municipalismo. Trátase dunha liña de investigación do Grupo de Referencia Competitiva do Sistema Universitario de Galicia integrado por persoas expertas no ámbito local GEN (Governance and Economic Research Network).
Esta Cátedra está encabezada polos codirectores de Red Localis, Alberto Vaquero (investigador de ECOBAS), e Concepción Campos, e o Director do Grupo GEN, Santiago Lago (investigador de ECOBAS). O orzamento para esta acción en concreto é de 60.000 euros.
Completa a información desta nova a través do xornal El Correo Galego