
Expo-Feira: A ciencia que vén ten nome de muller
Venres 18 de marzo, de 17.00 a 20.00h
Praza do Berbés (Vigo)
ECOBAS participa o venres 18 de marzo no evento ‘A ciencia que vén ten nome de muller‘, organizado pola Unidade de Cultura Científica (UCC+i) da Universidade de Vigo, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta” e que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía – e a colaboración do Concello de Vigo. Trátase dun evento de divulgación e de fomento das vocacións científicas co que se pretende dar a coñecer á sociedade o traballo do persoal investigador, e como favorece o avance da sociedade.
Un dos 12 stands que se atoparán na feira é o de ECOBAS, no que o público poderá pasar un rato divertido xogando ao noso Quiz ECOBAS, respondendo a preguntas sobre ciencias económicas e empresariais, e cultura científica xeral, e gañar algúns dos agasallos sostibles que xa temos preparados.
Actividade cofinanciada con fondos da Xunta de Galicia.