18/09/2026

Peter McAdam, investigador do BCE no top 3% RePEc, visitará ECOBAS na apertura do curso 26/27

A Coruña, venres 18 de setembro, 12 h

Peter McAdam, na actualidade investigador do Banco Central Europeo, situado no top 3% de citacións en economía (RePEc), será o convidado de honra do acto de apertura do ano académico ECOBAS 26/27.

A súa conferencia, que terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da UDC (A Coruña) o venres 18 de setembro, será aberta a todo o persoal investigador interesado, o alumnado de doutoramento e o alumnado de mestrado vencellado á investigación en economía e/ou a empresa dende a perspectiva da sostibilidade.

McAdam, cunha media de 450 citacións por ano, é un dos maiores expertos mundiais en crecemento económico, macroeconomía e econometría. Anteriormente áo seu rol no BCE, desenvolveu a súa investigación en BerkeleyMITKent, Surrey, a Comisión Europea e o IMF (Research Department).

Na mesma xornada, o alumnado recén egresado do Mestrado Interuniversitario en Economía do SUG recibirá os seus diplomas e como peche da sesión compartiremos un espazo informal para o networking e o contacto profesional entre os membros da nosa comunidade académica. Contamos convosco!

APERTURA ANO ACADÉMICO ECOBAS 26/27

Descarga AQUÍ o PDF co programa DETALLADO

12.00-12.05 Benvida e presentación

12.00-12.05 Apertura institucional

  • 🗣️ Carmen Socorro Lema Fernández, Decana da Facultade de Economía e Empresa da UDC
  • 🗣️ Bruno Casal Rodríguez, Vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica da UDC

12.10-13.00 Conferencia: “A Theory of Asset Pricing with PathDependent Default” (joint with Jaime Orrillo)

  • 🗣️  Peter McAdam, Investigador do Banco Central Europeo

Presentado e moderado por: Manuel Gómez Suárez, Membro do Comité Científico de ECOBAS

13.15-13.30 Entrega Diplomas: Alumnado egresado do Mestrado Interuniversitario en Economía (MEC) 25/26

13.30-14.00 Apertitivo-networking

INFORMACIÓNS PRÁCTICAS E INSCRICIÓN

  • DATA e HORARIO: Venres 18 de setembro de 2026, de 12:00 a 14:00 h.
  • LUGAR: Salón de Graos de Facultade de Economía e Empresa da UDC, Campus de Elviña, A CORUÑA.
  • FORMATO: presencial.
  • INSCRICIÓN PECHADA PARA ESTA ACTIVIDADE

Se precisas poñerte en contacto con nós, escríbenos a ecobas@ecobas.gal