Secretaria Comisaria de ECOBAS

Contacto
Información
Áreas de especialización científica
Econometría teórica y aplicada.
Cargos en sociedades científicas

Miembro de la Econometric Society. Miembro de la International Association for Energy Economics.

Cargos en comités científicos doutras entidades

Membro do panel internacional de revisión do Danish Council for Independent Research | Social Sciences (2016, 2017 e 2018).

Membro do panel de persoas expertas da Axencia Estatal de Investigación para a avaliación de proxectos (2014, 2017, 2019, 2021, 2022, 2024, 2025 e 2026).

Examinadora externa no Department of Economics da University of Reading (cursos 2010/11 e 2012/15) e na Cardiff Business School (cursos 2022/23 a 2025/26).

Membro de comités editoriais de revistas científicas

Associate Editor de Applied Economics, Applied Financial Economics (actualmente integrada en Applied Economics) e Applied Economics Letters desde 2011.

Editora convidada dun número especial de Applied Economics xunto con J. Carrion i Silvestre, da Universitat de Barcelona (2013).

Revisora habitual de revistas da área, con máis de 100 artigos avaliados, entre eles para Econometrica.

Reconocimientos e premios

Catro sexenios de investigación consecutivos recoñecidos pola CNEAI (períodos 2000-2005, 2006-2011, 2012-2017 e 2018-2023).

Clasificación entre o 9% dos autores españois e o 13% dos autores da Unión Europea con maior impacto segundo Repec.

Jonathan Young Award, University of Exeter (1999).

Emma Iglesias Vázquez

Dirección / Persoal Adscrito
TRAYECTORIA ACADÉMICA E PROFESIONAL

Emma María Iglesias Vázquez licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade da Coruña en 1997 e cursou o MSc in Economics and Econometrics na University of Exeter (1999), onde recibiu o Jonathan Young Award. Doutorouse en Economía pola Cardiff University en 2002 cunha bolsa do Economic and Social Research Council. Antes de incorporarse de forma definitiva á UDC traballou doce anos no estranxeiro: Teaching Assistant en Exeter (1999-2000) e en Cardiff (2000-2002), profesora visitante na Universidade de Alacante (2003-2004), Assistant Professor na Michigan State University (2004-2009) e Reader in Economics na University of Essex (2009-2011).

Regresou á UDC como Titular de Universidade en 2011 e é Catedrática desde setembro de 2018. A CNEAI recoñeceulle catro sexenios de investigación consecutivos (2000-2023). Coordina en solitario o programa de doutoramento en Economía e Empresa da UDC desde 2014 e dirixe o seu propio grupo de investigación desde 2016. É ademais Secretaria Comisaria de ECOBAS, o centro de investigación interuniversitario do que forma parte como garante.

Temáticas de investigación e principais contribucións científicas

A súa investigación céntrase na econometría teórica e aplicada: teoría asintótica e comportamento en mostras finitas de estimadores e contrastes, e modelos de volatilidade e modelos dinámicos, con aplicacións en economía e finanzas que abranguen desde os mercados do petróleo e da enerxía ata a economía da saúde e a historia financeira. Acumula 53 publicacións en Web of Science (11 en solitario e 9 xunto a doutorandos que dirixiu) e 55 en Scopus, con 329 citas en WoS, 396 en Scopus e 1.102 en Google Scholar (450 delas desde 2021); o seu índice h é 10 en WoS, 11 en Scopus e 18 en Google Scholar.

Ten 9 publicacións en revistas Q1, entre elas 3 en Journal of Econometrics e outras en Journal of Business and Economic Statistics, Journal of Applied Econometrics, Journal of Financial Econometrics, Journal of Petroleum Science and Engineering, Energy Strategy Reviews e Energy Journal. Segundo a clasificación Repec sitúase entre o 9% dos autores españois e o 13% dos autores da Unión Europea con maior impacto. Na actualidade dirixe dous proxectos de investigación, financiados pola Xunta de Galicia e o Ministerio, cunha dotación conxunta de 208.750 €.

Proxectos dirixidos máis relevantes

É investigadora principal dunha serie continuada de proxectos competitivos desde 2013. Os máis recentes son:

 

PID2022-137923NB-I00, “Nuevos Modelos de Volatilidad, Modelos Dinámicos y Aplicaciones” (Ministerio de Ciencia e Innovación, 01/09/2023-30/08/2026, 8.750 €).

ED431C2024/16, Grupos de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia, 01/01/2024-31/12/2027, 200.000 €).

ED431C2020/26, Grupos de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia, 01/01/2020-31/12/2023, 200.000 €).

PGC2018-101327-B-100, “Nuevos modelos de volatilidad y análisis de los valores extremos y de su comportamiento en las colas” (Ministerio de Ciencia e Innovación, 01/01/2019-30/09/2022, 7.865 €).

ED431C2016/007, Grupos de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia, 01/01/2016-31/12/2019, 400.000 €).

É investigadora principal de forma practicamente ininterrompida desde 2013, con proxectos anteriores financiados tamén polo Ministerio de Economía e Competitividade e pola Xunta de Galicia (entre eles ECO2012-31459, GPC2013/072 e ECO2015-63845_P).

Publicacións máis destacadas

Recóllense aquí as publicacións de 2022 en diante; a listaxe completa ascende a 53 artigos en Web of Science.

 

Dahl, C.M.; Iglesias, E.M. (2022). “The Tail Behavior due to the Presence of the Risk Premium in AR-GARCH-in-Mean, GARCH-AR, and Double-Autoregressive-in-Mean Models”. Journal of Financial Econometrics, 20(1), 139-159. DOI: 10.1093/jjfinec/nbaa004

Iglesias, E.M.; Rivera-Alonso, D. (2022). “BRENT and WTI oil prices volatility during major crises and covid-19”. Journal of Petroleum Science and Engineering, 211, art. 110182. DOI: 10.1016/j.petrol.2022.110182

Iglesias, E.M. (2022). “The Influence of Extreme Events such as Brexit and COVID 19 on Equity Markets”. Journal of Policy Modeling, 44(2), 418-430. DOI: 10.1016/j.jpolmod.2021.10.005

Erias, A.F.; Iglesias, E.M. (2022). “Price and income elasticity of natural gas demand in Europe and the effects of lockdowns due to Covid-19”. Energy Strategy Reviews, 44, art. 100945. DOI: 10.1016/j.esr.2022.100945

Erias, A.F.; Iglesias, E.M. (2022). “The daily price and income elasticity of natural gas demand in Europe”. Energy Reports, 8, 14595-14605. DOI: 10.1016/j.egyr.2022.10.40

Casal, E.; Iglesias, E.M.; Rivera, B.; Currais, L.; Storti, C.C. (2023). “Identifying the impact of the business cycle on drug-related harms in European countries”. International Journal of Drug Policy, 122, art. 104240. DOI: 10.1016/j.drugpo.2023.104240

Rivera-Alonso, D.; Iglesias, E.M. (2024). “Is the Chinese crude oil spot price a good hedging tool for other crude oil prices, and in special for the main Russian oil benchmarks and during international sanctions?”. Resources Policy, 90, art. 104778. DOI: 10.1016/j.resourpol.2024.104778

Iglesias, E.M.; Maixé-Altés, J.C. (2024). “The money market in transition: from city based market arbitrage to a central banking system in nineteenth-century Spain”. Financial History Review, 31(3), 245-272. DOI: 10.1017/S0968565024000106

Iglesias, E.M. (2025). “Asymptotic inference for a sign-double autoregressive (SDAR) model of order one”. Econometric Reviews, 44(3), 312-334. DOI: 10.1080/07474938.2024.2416664

Valiña-Sotelo, J.L.; Iglesias, E.M. (2026). “Working Capital Management and Firm Performance in the G-7 and E-7 Countries During Extreme Events Such as COVID-19”. Asia-Pacific Financial Markets, en prensa. DOI: 10.1007/s10690-026-09597-z

Actividades de transferencia

Contratos sucesivos como experta da Comisión Europea, asinados de forma practicamente ininterrompida desde 2016 ata a actualidade (dez contratos).

Responsable da parte econométrica do proxecto “The impact of economic cycles on drug related harms and responses”, financiado polo European Monitoring Centre for Drugs and Drug Addiction (2021-2022), baixo a dirección de Bruno Casal-Rodríguez.

Outros méritos de interese

Dirixiu 10 teses de doutoramento, a última defendida o 2 de decembro de 2024 na UDC, con publicacións conxuntas cos seus doutorandos en revistas como Journal of Econometrics, Energy Journal, Economic Modelling, Energy Strategy Reviews, International Journal of Finance and Economics, Journal of Housing Economics, Journal of Petroleum Science and Engineering, Resources Policy, Estudios de Economía e Applied Financial Economics.

Coordinadora única do programa de doutoramento en Economía e Empresa da UDC desde 2014.

Relatora en congresos internacionais de forma continuada desde 2017, entre eles o European Meeting of the Econometric Society, COMPSTAT, AMAMEF e a World Finance Conference.

Estadía de investigación no Birkbeck College London en agosto de 2025, cunha próxima estadía prevista no NIPE (Portugal) entre xuño e xullo de 2026.

Membro do Consello Científico Asesor da Fundación Gadea pola Ciencia (2022-2026).