Email adina.dumitru@udc.es
Adina Dumitru
Investigadora no Departamento de Psicoloxía da Universidade da Coruña (A Coruña, España). Doutora en Psicoloxía pola Universidade da Coruña (A Coruña, España). Mestra en Psicoloxía Política como Fullbright Junior Scholar na Universidade de Washington (Washington, Estados Unidos). Foi profesora asistente na Universidade de Timisoara (Timisoara, Romanía) e investigadora visitante na Universidade de Surrey (Surrey, Reino Unido).
A súa actividade docente e investigadora céntrase nos determinantes psicolóxicos dos estilos de vida saudables, nas dinámicas das innovacións sociais e no desenvolvemento de indicadores para o impacto das solucións baseadas na natureza na cohesión social, o empoderamento e a saúde.
EU-NETS: European Training for Energy Community Managers. Proxecto que aborda o tema emerxente das comunidades enerxéticas, co obxectivo de desenvolver unha nova vía de formación para xestores e profesionais que traballarán para crear, desenvolver e xestionar estas novas entidades, que desempeñarán un papel importante na transición enerxética e climática.
H2020 EnergyPROSPECTS. Estratexias e políticas proactivas para a transformación da cidadanía enerxética.
H2020 SMARTEES Achegas de modelización de innovación social para a realización da transición cara á eficiencia enerxética e á sustentabilidade.
Proxecto FP7 GLAMURS. Estilos de vida verdes, modelos alternativos e escalado da sustentabilidade rexional. Coordinadora científica do proxecto que adopta unha perspectiva temporal para identificar as oportunidades e obstáculos para estilos de vida saudables.
1- Transformative social innovation and (dis) empowerment 2019
F Avelino, JM Wittmayer, B Pel, P Weaver, A Dumitru, A Haxeltine, …
Technological Forecasting and Social Change 145, 195-206
N Frantzeskaki, T McPhearson, MJ Collier, D Kendal, H Bulkeley, …
BioScience 69 (6), 455-466
3- Towards a theory of transformative social innovation: A relational framework and 12 propositions 2020
B Pel, A Haxeltine, F Avelino, A Dumitru, R Kemp, T Bauler, I Kunze, …
Research policy 49 (8), 104080
YZ Eksioğlu, IE Scheffer, P Cardenas, J Knoll, F DiMario, G Ramsby, …
Neuron 16 (1), 77-87
A Ruepert, K Keizer, L Steg, F Maricchiolo, G Carrus, A Dumitru, RG Mira, …
Energy Research & Social Science 17, 59-70
6- Translocal empowerment in transformative social innovation networks 2020
F Avelino, A Dumitru, C Cipolla, I Kunze, J Wittmayer
European Planning Studies 28 (5), 955-977
Desde 2025, membro do Comité Científico da Axencia Europea de Medio Ambiente
Coordinadora do traballo sobre indicadores sociais do European Taskforce on Impact Assessment of nature-based solutions, e Coeditora do informe de expertos da Comisión Europea sobre este tema (2021).
Experta en Urbanización Sostible da Axencia Europea de Medio Ambiente.
Membro da xunta directiva e secretaria da Asociación Internacional de Estudos sobre a Persoa e o Medio Ambiente.
Avaliadora experta do programa H2020.