28/06/2016

Xornada de formación en elaboración de propostas en H2020

Xornada formativa organizada pola Área Técnica de I+D+i da Universidade de Vigo, dirixida a investigadores que queiran ampliar os seus coñecementos sobre a redacción de propostas en convocatorias de H2020

A próxima semana impartirase formación sobre a redacción de proxectos para convocatorias de H2020, que prestará especial atención ós apartados de Excelencia, Impacto, Implementación e aos aspectos éticos e de xénero.

Día: mércores 6 ou xoves 7 de xullo
Lugar:  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Lagoas-Marcosende (Vigo). Aula-Seminario 7
Horario: 9.15-18.00h
Inscrición: Gratuita a través do seguinte formulario:  Prazas limitadas (asignadas por orde de inscrición)

 

Documentación asociada:

PROGRAMA_REDACCION_europeos_2016.pdf