13/10/2016
Xornada de Capacitación sobre os Programas de Cooperación Territorial Europea (SUDOE, ESPAZO ATLÁNTICO, POCTEP)
Xornada formativa organizada por ECOBAS e impartida por ECONET sobre os Programas Interreg
A Agrupación Estratéxica ECOBAS organiza esta xornada formativa dirixida ós investigadores e investigadoras que desexen coñecer os programas de Cooperación Territorial Europea (máis coñecidos como Interreg): funcionamento, tipo de proxectos que financian, datas das convocatorias,…
A xornada diríxese, de xeito máis concreto, a aqueles/as que teñan ideas con potencialidade de ser presentadas nalgún destes programas na próxima convocatoria.
· Data: Xoves 13 de outubro de 2016
· Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Aula-seminario 6
· Horario: 9.00-18.00h
· Número máximo de inscricións: 20. As prazas son limitadas e serán asignadas por orde de inscrición.
· Prazo de inscrición: dende o 3 ata o 10 de outubro
· Prezo: de balde. Inclúe o café da mañá e o xantar no comedor da Facultade.
· Inscricións: enviando o formulario adxunto por correo electrónico a . Indicar no asunto: XORNADA DE CAPACITACIÓN INTERREG
· Imparte: ECONET
Máis información na documentación adxunta