3 de xuño de 2022

Xavier Labandeira, investigador de ECOBAS, galardoado co Premio Alexandre Pedrós

Este premio recoñece ó mellor artigo publicado na Revista Hacienda Pública Española-Review of Public Economics durante 2021

Labandeira comparte autoría do artigo con Alberto Gago, investigador do grupo REDE, e cos profesores da UNED José M. Labeaga e Xiral López-Otero.

O artigo analiza o papel da fiscalidade enerxética e ambiental na transición a economías descarbonizadas e explica algunhas das limitacións que existen na súa aplicación real, como os seus posibles impactos negativos sobre a distribución e a equidade.

Máis información no Diario da Universidade de Vigo

ARTIGO DE INVESTIGACIÓN PREMIADO DISPOÑIBLE AQUÍ