
Un traballo titorizado por un equipo de ECOBAS na FEE gaña o premio STEMbach da Xunta de Galicia
“Discursos mediáticos fronte á invasión rusa de Ucraína”, do alumno do IES María Casares de Oleiros, Miguel Díaz Esperón, é o título da investigación merecedora dun dos premios do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) que concede a Xunta de Galicia
Titorizado conxuntamente por un equipo de investigación de ECOBAS da Facultade de Economía e Empresa (FEE) da UDC, o traballo premiado foi escollido entre un total 913 estudantes de 60 centros de toda Galicia
Tender pontes entre a educación secundaria e a investigación universitaria, fomentar as vocacións científicas e o pensamiento crítico entre el alumnado máis mozo, son os principais obxectivos deste programa no que cada ano participa persoal investigador de ECOBAS e a FEE.
Dirixida por Laura Varela Candamio, María Alló Pazos, Ángeles María Longarela Ares e Paulino Montes Solla, a investigación premiada analiza como catro grandes xornais internacionais (El País en España, Bild en Alemania, The New York Times en Estados Unidos e Komsomolskaya Pravda en Rusia) construiron as súa narrativas sobre tres eixos socioeconómicos fundamentais do conflito: a crises do suministro de gas ruso na UE, os desprazamentos da poboación ucraniana e o impacto das sancións occidentais na economía rusa.
Entre outras conclusións, o traballo amosa que non existe unha independencia mediática plena respecto aos intereses xeopolíticos do país de orixe de cada medio. Empregando unha metodoloxía innovadora e mixta que combina a análise de contido cualitativa, mediante a identificación de patróns temáticos, coa codificación binaria (presenza/ausencia) de 14 códigos narrativos, que permitiu unha comparación sistemática e reproducible entre os medios analizados.
A realización do estudo incorporou ademais o uso de ferramentas de intelixencia artificial para a identificación de riscos, coa posterior intervención humana para a verificación por parte do autor, seguindo as recomendaciones de institucións académicas como as universidades de Cambridge e Oxford.
O tema elixido, de plena actualidade e máxima relevancia socioeconómica, pon de manifesto a importancia da análise comparada desde unha perspectiva multidisciplinar para comprender fenómenos complexos, como é o caso dos efectos económicos e humanitarios dos conflitos internacionais e o papel dos medios de comunicación na construción da opinión pública.
A entrega do galardón tivo lugar no marco da fase final de recoñecemento aos proxectos STEMbach, nun acto presidido polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e que contou coa intervención maxistral do científico galego Ángel Carracedo.