
Resolución 22/09/25 Convocatoria Mobilidade ECOBAS 2025 para o persoal investigador
A Comisión de Avaliación da Convocatoria 2025 de Axudas para a mobilidade do persoal investigador adscrito a ECOBAS publica con data 22 de setembro de 2025 a resolución de concesión conforme ás solicitudes recibidas.
A presente convocatoria conta co financiamento de fondos FEDER procedentes das axudas para a concesión da acreditación de excelencia e para o apoio aos centros de investigación do SUG.
O seu obxectivo é o de co-financiar os desprazamentos do persoal investigador vinculado ao centro e que sexan realizados promocionando ou desenvolvendo as liñas estratéxicas da Axenda Científica de ECOBAS, e contribuíndo ao impulso da proxección e prestixio científico de ECOBAS como centro de investigación.
DOCUMENTACIÓN DA CONVOCATORIA
BASES da Convocatoria 2025 de Axudas ECOBAS para Mobilidade do Persoal Investigador
Anexo I. Formulario de Solicitude.
Anexo II. Memoria da realización do desplazamento.
Anexo III. Modelo de aceptación ou renuncia.
ECOBAS. Certificate of Attendance.
22/09/25 Resolución de concesión de axudas 2025 para a mobilidade do persoal investigador