11/12/2018
Publícase o Informe ARDÁN 2018
A presentación tivo lugar durante a celebración do 25 aniversario da creación de ARDÁN
Onte celebrouse o acto de celebración do 25 aniversario da creación de ARDÁN por parte do Consorcio da Zona Franca. Durante o evento, no que se outorgaron premios a 25 empresas destacadas polos seus indicadores de boas prácticas empresariais, tivo lugar tamén a presentación do Informe ARDÁN 2018.
Este informe publícase cada ano, e nesta edición inclúe dous indicadores novidosos: igualdade de xénero e economía circular, ambos elaborados por membros de ECOBAS