05/06/2026

Publicada resolución parcial de axudas ECOBAS 2026 para a realización de actividades de I+D+i

Con data 5 de xuño de 2026, a comisión de avaliación da convocatoria de axudas ECOBAS para a realización de actividades de I+D+I reuniuse de modo virtual e resolveu conceder unha axuda á solicitude que se detalla a continuación:

  • Congreso / CBIM International Conference 2026 / IP: Cabanelas Lorenzo, Pablo

Como unha oportunidade para promover e apoiar a realización de actividades de I+D+I que posibiliten por parte do persoal investigador de ECOBAS o desenvolvemento das liñas estratéxicas da Axenda Científica do centro, a Convocatoria 2026 de Axudas ECOBAS para a Realización de Actividades de I+D+I”, publicada en réxime de concorrencia competitiva, continúa aberta:

  • PERSOAS DESTINATARIAS: persoal investigador membro adscrito de ECOBAS
  • TIPOLOXÍA DE ACTIVIDADES FINANCIABLES:
    • Reunións científicas: Congresos, Workshops e Conferencias, Cursos, Mesas redondas, Charlas divulgativas.
    • Cursos de verán.

🗓️​ Novas solicitudes: ata o 1 de setembro de 2026 ás 23:59 h

DOCUMENTACIÓN DA CONVOCATORIA

📥 Bases da convocatoria 2026

✏️ Anexo I. Formulario de Solicitude.

✏️ Anexo II. Declaración de axudas.

A presente convocatoria conta co financiamento de fondos da Consellería de Educación, Ciencia Universidades e Formación Profesional.

Máis información: ecobas@ecobas.gal