21/09/2021

Os seminarios Libra de Oficio comezaron coa zoqueira Elena Ferro como madriña

Os seminarios de transferencia organizados polo Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS iniciaron este martes no Museo do Pobo Galego

Santiago, 21 de setembro.  Esta tarde comezou en Santiago o ciclo de seminarios de transferencia  titulados “Libra de Oficio” que organiza o Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS. Este centro de I+D+i traballa no eido da sustentabilidade económica, ambiental e social. Ademais apoia o Máster Interuniversitario en Economía, e o Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial das tres universidades galegas.  

Dentro das actividades do presente ano académico, ECOBAS está a levar a cabo dous novos ciclos de seminarios, os Seminarios de Investigación (seminarios científicos con relatorios sobre economía de investigadores e investigadoras de excelencia, nacionais e internacionais) e os Seminarios de transferencia titulados “Libra de Oficio”, que apoian o emprendemento, a empresa galega, a creación de emprego, a igualdade de xénero, o sistema cooperativista, etc.

Para apoiar o inicio deste novo ciclo de seminarios, ECOBAS contou cunha madriña de excepción, Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019. A zoqueira de Merza conversou cos asistentes ó seminario sofre Eferro, a empresa familiar con máis de cen anos de tradición no oficio dos zocos e a marroquinaría.A cita tivo lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, e contou coa presenza de Carlos Hervés e María Loureiro, director e directora científica de ECOBAS.

Ó final do evento, o público  participou no sorteo duns zocos Eferro. 

Documentación asociada:

2021-09-21.jpeg