Os reitores das tres universidades galegas asinaron o convenio de colaboración co Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS
Os reitores das tres universidades galegas, Julio E. Abalde, Antonio López Díaz e Manuel Reigosa; reuníronse este martes 7 de decembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura para asinar, entre outros, o convenio de colaboración que fai oficial o compromiso das institucións universitarias co Centro de investigación ECOBAS.
O seguinte paso para o centro será unha chamada coordinada á adscrición de novo persoal investigador por parte das vicerreitorías de investigación das tres universidades.
ECOBAS atópase actualmente nun proceso de cambio no que pasou de traballar como Agrupación Estratéxica a funcionar como Centro de Investigación Interuniversitario. Entre os cambios máis descatables atópase este proceso de adscrición, no que un comité externo avaliará ós investigadores e investigadoras das tres universidades galegas que queiran formar parte de ECOBAS.
Fotografía: Santi Alvite