24/09/2022

Oliver Laxe participa nos nosos seminario de transferencia “Libra de Oficio”

Onte pola mañán organizouse no Vello Cárcere de Lugo, a última edición dos nosos seminarios de transferencia Libra de Oficio e nesta ocasión, o cineasta franco-galego Oliver Laxe tomou a palabra. O director de filmes coma “Mimosas” ou “O que arde” conversou cos asistentes, solventando as dúbidas que tiñan sobre o mundo audiovisual e contando anécdotas da súa experiencia no mundo mediático.

Podedes disfrutar do video do seminario na nosa canle de Youtube