09/09/24

OFERTA DE EMPREGO: Selección dun/ha Técnico/a Superior de Xestión para ECOBAS

Referencia da PRAZA: 2023-PG117

PROCESO PECHADO

ECOBAS, o Centro de Investigación Interuniversitario especializado no estudo da sostibilidade, seleccionará entre as candidaturas recibidas para a cobertura da praza de ✳ Técnico/a superior de xestión ✳ para coordinación, seguemento e apoio administrativo das actividades do Centro.

ℹ Condicións da oferta:
✔ Grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalentes ✔ Contrato a tempo parcial (75%), horario de 9.00-14.15h ✔ Duración de contrato: 12 meses
✔ Ubicación: Santiago de Compostela ✔ Salario: 1.782,92€ brutos/mes

O contrato contará co cofinanciamento Feder no marco do Programa de Galicia Feder 2021-2027 (obxectivo específico 1.1: Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas), en virtude da ORDE do 24 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, da acreditación da excelencia (científica, técnica ou artística) e das axudas para a estrutura, a mellora e o apoio aos centros de investigación do Sistema universitario de Galicia para o exercicio 2023 (código de procedemento ED431G).

📅 Recepción de candidaturas: ATA o martes 17 de setembro de 2024

Convocatoria pública 14/2024 da Universidade de Santiago de Compostela