08/04/26

Oferta de emprego: investigador/a colaborador/a para análise de impacto no proxecto NewHeart

CONTRATO para o proxecto NEWHEART: avaliación do impacto económico e social das novas aplicacións críticas baseadas nas tecnoloxías e probas non invasivas para a mellora da saúde cardiaca na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

REFERENCIA DA PRAZA: 2023-PI012 | Solicitudes ata o venres 9 de abril de 2026 

Oferta de emprego para participar no proxecto NewHeart que se desenvolve no Centro de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da Universidade de Santiago de Compostela- CRETUS e no que está involucrado persoal investigador de ECOBAS para a mellora da saúde cardiaca na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

🙋🏻 A persoa que ocupe esta posición, en categoría de investigador/a colaborador/a, deberá realizar as tarefas de avaliación tanto do impacto económico como social das novas aplicacións críticas baseadas nas tecnoloxías e probas non invasivas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
📝 Contrato a tempo completo
📅 Duración: 7 meses
Contrato cofinanciado un 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
Contacto:  (este email non acepta candidaturas)

Máis información: (non se aceptan candidaturas por esta vía; procedemento detallado nas bases da convocatoria).