01/09/2017

O profesor Angel Barajas, premiado pola ‘European Management Review’

O investigador de ECOBAS recibiu o premio Best reviewer award 2016, outorgado pola revista da European Academy of Management

Ángel Barajas, investigador do grupo IC2 de ECOBAS, recibiu o ‘Best reviewer award 2016’ outorgado ós mellores revisores por parte da revista European Management Review, publicación pertencente á EURAM (European Academy of Management). Este premio concédese cada ano a cinco investigadores, que nesta ocasión foron, xunto ao profesor Barajas, Dorota Bourne, da Henley Business School (Grennlands, Reino Unido); Jose Pascal da Rocha, da Columbia University (Nova York, Estados Unidos); Andri Georgiadou, da University of Hertfordshire (Hertfordshire, Reino Unido) e Olivia Kyriakidou, da Athens University of Economics and Business (Atenas, Grecia).

A European Management Review é unha destacada publicación de primeiro cuartil Scopus cun factor de impacto JCR de 1.333. A concesión deste premio está baseada na calidade e cantidade de revisións realizadas, polo que a súa obtención supón un importante recoñecemento ao traballo feito durante o ano polos revisores.