31/10/2022
O grupo REDE organiza o Obradoiro de Estratexia Empresarial
O pasado venres organizouse o Workshop de Estratexia Empresarial na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo organizado polo grupo de investigación REDE coa colaboración de ECOBAS.
Os 6 investigadores invitados (Lucas López Manuel, Lucio Fuentelsaz, Bárbara Larrañeta, Virginia Hernández, Xosé H. Vázquez e Juan P. Maícas) deron seminarios moi relevantes no ámbito da Estratexia Empresarial, tocando temas coma o greenwashing, data-driven technologies ou institutional pressure. O workshop rematou co semiario de Juan P. Maícas que contounos como é o proceso para publicar nunha das revistas científicas máis prestixiosas, a SMJ.