25/11/2016

O investigador Miguel González Loureiro, premiado por unha das súas publicacións

O artigo “A content and comparative analysis of strategic management research in the Baltic area: a research agenda for qualitative studies” publicado no ano 2015, e do cal é co-autor Miguel González Loureiro, é un dos gañadores dos premios Emerald Literati Awards for Excellence.

O artigo A content and comparative analysis of strategic management research in the Baltic area: a research agenda for qualitative studies, do cal é co-autor o investigador de ECOBAS Miguel González Loureiro, é un dos tres galardoados dentro da revista Baltic Journal of Management co premio Highly Commended Paper 2016.

A entrega do certificado que o acredita coma gañador deste premio correu a cargo de Carolina Mazzoleni, do grupo editorial Emerald, e tivo lugar o pasado 21 de novembro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.

Estes premios forman parte dos Emerald Literati Awards for Excellence, que se entregan dende fai máis de 20 anos. Os artigos gañadores son seleccionados polo equipo editorial de cada revista respondendo a criterios coma a súa contribución na área de coñecemento correspondente, a súa estrutura e presentación, a forma en que estean escritos ou a actualidade do tema.  Esta rigorosidade á hora de aplicar os criterios fai que só os artigos máis impactantes do ano poidan acadar o premio, e polo tanto que só os autores excelentes cheguen a ser merecedores do mesmo.