07/09/2016

O investigador Marcos Álvarez Díaz trasladase ó Centro Común de Investigacións (JCR) da Comisión Europea en Ispra, Italia

Marcos Álvarez, investigador principal do grupo EMAF, incorporarase ó JCR de Ispra (Italia) dende o 1 de outubro

O investigador principal do grupo EMAF de ECOBAS, Marcos Álvarez, trasladarase á cidade italiana de Ispra dende o vindeiro 1 de outubro para se incorporar ó Centro Común de Investigacións (JCR- Joint Research Centre), en concreto á unidade de “Modelling, Indicators and Impact Evaluation”.
O JCR é un servizo de investigación da Comisión Europea, independente dos Estados Membro e dos Países Asociados, creado para apoiar as súas políticas. A súa misión é abordar retos fundamentais que se plantexan na sociedade e estimular a innovación mediante o desenrolo de novos métodos, ferramentas e normas, compartindo os seus coñecementos técnicos cos Estados Membro, a comunidade científica e outros socios internacionais. O centro situado en Ispra é o terceiro máis grande da CE, só por detrás do de Bruxelas e o de Luxemburgo.
Marcos Álvarez incorporase polo tanto a un centro de referencia en investigación e desenvolverá a súa actividade nas súas instalacións durante alomenos un ano. Trátase do segundo membro da agrupación en ocupar un posto destas características, xa que o investigador Fidel Picos, do grupo GEN, se atopa no JCR de Sevilla dende o pasado ano 2015.