O ‘I Congreso de Historia do Turismo’ reúne no Mosteiro de Poio ós principais expertos no tema
Expertos de 18 universidades reúnense durante tres días no Mosteiro de Poio para analizar o estado e evolución do sector turístico nacional durante o primeiro terzo do século XX.
O Mosteiro de Poio acolle estes días o I Congreso de Historia do Turismo, cuxo tema central é “As orixes do turismo en España, 1900-1939. O nacemento dun país de turismo”. Expertos de 18 universidades se dan cita para analizar a historia do sector no noso país durante eses corenta primeiros anos do século XX.
O evento, que se engloba dentro das actividades do grupo de investigación Turhis, está coordinado polo investigador do grupo ECOSOT de ECOBAS, Rafael Vallejo, e polo profesor Carlos Larrinaga, da Universidade de Granada. O obxectivo é avaliar como se foi configurando durante o primeiro terzo do século XX o sistema turístico español, tanto no que se refire ás empresas turísticas, axencias, hoteis, etc. coma ó resto da organización turística e ó tipo de turismo recibido nesa época.
Máis información nos seguintes enlaces:
DUVI: España atopábase xa entre os principais destinos turísticos do mundo a comezos da década de 1930
Faro de Vigo: Rafael Vallejo “No hay que prohibir el turismo sino pensar en qué límites debemos situarlo”
La Ser: Historia del Turismo