29/01/2018

O Grupo GEN lidera, xunto coa Deputación de Ourense, dous proxectos para analizar a realidade fiscal dos municipios galegos

A Red Localis (xestionada polo grupo GEN) e a Deputación de Ourense presentaron dúas iniciativas pioneiras na análise fiscal dos municipios galegos: o Informe ‘Red Localis’ e o Observatorio Municipal Galego.

A Red Localis (xestionada polo grupo GEN) e a Deputación de Ourense, presentaron dúas iniciativas pioneiras na análise fiscal dos municipios galegos: o Informe ‘Red Localis’ e o Observatorio Municipal Galego.

O I Informe ‘Rede  Localis’, titulado Organización e financiamento de servizos municipais, é un documento que pon en valor a necesidade de avaliar a organización e o financiamento dos servizos municipais da nosa comunidade, enfocando o tema dende tres puntos de vista diferentes: os aspectos xerais; o financiamento e o custo; e a fusión, colaboración e cooperación. Nesta  monografía, que está coordinada por Concepción Campos Acuña e Roberto Fernández Llera, participan expertos académicos e profesionais de todo o país.

Pola súa banda, o Observatorio Municipal Galego é unha plataforma que recolle e difunde documentación relacionada coa economía e a fiscalidade de todos os concellos de Galicia. A información preséntase nunha páxina web de natureza interactiva e sinxelo manexo, pensada para que toda a cidadanía poida coñecer, entre outra, a información orzamentaria e tributaria dos diferentes municipios. A partir dos datos recolleitos neste Observatorio, a Red Localis redacta notas nas que analiza, dende unha perspectiva económica e fiscal, a situación local galega. Nesta serie de documentos amósase a realidade dos concellos, sendo unha potente ferramenta para os xestores públicos locais á hora de tomar decisións que permitan mellorar a capacidade orzamentaria e fiscal dos seus territorios