04/09/24

O Grupo de Referencia Competitiva liderado pola secretaria científica de ECOBAS, Emma Iglesias, renova na máxima categoría ata 2027

Liderado pola secretaria científica de ECOBAS, Emma García, o Grupo Jean Monet de Competencia y Desarrollo da UDC vén de renovar a categoría de máximo prestixio como Grupo de Referencia Competitiva (GRC) na convocatoria de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento no Sistema Universitario de Galicia (SUG), realizada pola Xunta de Galicia.

Esta liña de subvencións financia estruturalmente a grupos de investigación dependendo de publicacións, patentes, teses dirixidas e proxectos acadados nos tres últimos anos.

Información completa na web da UDC