21/05/2021

O Goberno presenta o proxecto ‘ESPAÑA 2050’, que conta cun estudo prospectivo no que teñen participado un centear de investigadoras e investigadores, entre os que hai dous representantes de ECOBAS

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, presentou este xoves o proxecto estratéxico España 2050, co que o Exectivo pretende abrir un debate colectivo sobre os retos que o país afrontará coa fin da pandemia.

Trátase dun plan que contempla o funcionamento do país dentro de 30 anos, e que quere tratar, de xeito plural, as medidas a tomar para a recuperación con estratexias a longo prazo. O proxecto conta cun estudo elaborado por 100 expertos e expertas que asesoraron á Moncloa, entre eles o Catedrático Xavier Labandeira e a Directora Científica de ECOBAS, María Loureiro, que tivo unha breve participación no acto na que defendeu a necesidade de “tender unha ponte entre a ciencia e a política”.  

O panel leva máis dun ano traballando na elaboración deste informe, que aborda retos coma os efectos económicos e sociais da pandemia, o cambio climático, a dixitalización, o envellecemento, a cohesión social e a igualdade entre homes e mulleres.