03/05/2016

O Foro Económico de Galicia, dirixido polo investigador de ECOBAS Santiago Lago, presenta o seu Anuario 2016

O Foro Económico de Galicia presentou o pasado 29 de abril o seu Anuario 2016 no que se recolle a análise da situación económica e social de Galicia realizada por expertos empresarios, economistas e xornalistas

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma que integra a diversos expertos do ámbito da economía co obxectivo de analizar a realidade económica galega e contribuir a coñecer mellor os retos aos que se enfrenta, os desafíos, as oportunidades e as ameazas.

O Anuario 2016 elaborado por esta organización reúne 13 análises elaborados por expertos e representantes políticos galegos de diversos partidos e plantexa unha serie de solucións para mellorar a economía galega. Entre os expertos que teñen participado neste Anuario se atopan os investigadores de ECOBAS Santiago Lago, Patricio Sánchez, Xoaquín Fernández Leiceaga e Francisco Carballo.

Consulta aquí o contido completo do anuario.

Accede a máis información sobre esta nova nos seguintes enlaces: 
Nova no Foro Económico de Galicia
Nova na Voz de Galicia