O Consello Económico e Social de Galicia presenta o informe ‘Por unha alianza no sector industrial galego’, coordinado polo investigador de ECOBAS Xose H. Vázquez
A presentación tivo lugar onte en Santiago de Compostela e nela participaron, xunto a Xosé H. Vázquez, a presidenta do CES Galicia, Corina Porro, e o Conselleiro de Industria, Francisco Conde.
Onte tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, a presentación do informe Por unha alianza no sector industrial galego, un documento que nace coa intención de servir de guía no desenrolo dunha política industrial en Galicia a longo prazo.
O documento, coordinado polo profesor Xosé H. Vázquez, do grupo REDE, está composto por 50 propostas que se organizan en cinco epígrafes (regulación das condicións marco, factores territoriais de competitividade, relacións laborais, investigación e atracción de capitais), e na súa elaboración participaron expertos de diversos ámbitos e organismos, entre eles varios investigadores de ECOBAS.
Ó evento asistiron os Reitores das tres universidades galegas, os voceiros parlamentarios e representantes dos principais partidos políticos galegos, os secretarios xerais dos sindicatos e doutros organismos oficiais, así como empresarios e directivos das principais empresas galegas manufactureiras e de servizos avanzados. Ademais de Xosé H. Vázquez, que foi o encargado de expoñer e degrañar algunhas das propostas, interviñeron a presidenta do CES Galicia, Corina Porro, e o Conselleiro de Industria, Francisco Conde.