
O Conselleiro de Cultura e Educación reúnese cos coordinadores das catro Agrupacións Estratéxicas do SUG
O pasado 31 de maio foron convocados a unha reunión en Santiago de Compostela os coordinadores das catro Agrupacións Estratéxicas do SUG financiadas na última convocatoria, entre as que se atopa ECOBAS
O pasado 31 de maio foron convocados a unha reunión en Santiago de Compostela os coordinadores das catro Agrupacións Estratéxicas do SUG financiadas na última convocatoria, entre as que se atopa ECOBAS.
Na reunión participaron, ademáis do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e do Secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, os investigadores principais das catro Agrupacións: Juan Lema Rodicio, coordinador de CITA; Carlos Salgado, coordinador de AEFIS; Jaime Rodríguez González, coordinador de CICA-INIBIC; e Carlos Hervés, coordinador de ECOBAS.
Este encontro forma parte dunha rolda de contactos que o Conselleiro está a ter con investigadores relevantes do SUG de cara a abordar novos retos futuros.
Consulta máis información neste enlace.