02/10/2023

Novo éxito de público mozo e adulto na G-Night 2023

Cambio climático, intelixencia artificial, repensar a economía… Investigadores de ECOBAS participaron activamente na Noite Galega das Persoas Investigadoras, a G-Night, o pasado venres 29 de setembro, en distintas actividades abertas a toda a cidadanía en Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela.

O éxito de participación nesta edición de 2023 acadou a cifra de setecentas persoas visitantes na expo-feira científica que tivo lugar no edificio Redeiras na viguesa praza do Berbés. Alí, tanto o público adulto como a rapazada máis nova tivo a oportunidade de achegarse ao espazo ECOBAS e coñecer de primeira man e en formato lúdico moitos dos contidos nos que traballamos, base da nosa labor investigadora, directamente entroncada coa Axenda 2030 de Nacións Unidas, a través dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.