20 de decembro de 2022

Novas express – Sumario de Nadal – Post-Growth Innovation Lab

Este grupo acadou o proxecto de investigación  da Axencia Estatal de Investigación no marco da “Convocatoria para proyectos estratégicos orientados a la transición ecológica y digital”.  Este proxecto, chamado “ARCA” aborda a transición ecolóxica na súa dimensión de mitigación do cambio climático.

Tamén veñen de estrear o seu propio podcast en inglés e castelán sobre Post-Crecemento . Ademáis, o investigador Javier Lloveras, conta cunha axuda Marie Curie para desenvolver un proxecto que explora como facer sostible o dereito a reparar fronte á obsolescencia programada.