31/07/25

Nova convocatoria: axudas ECOBAS 2025 para asistencia a encontros científicos

A Dirección do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS publica, en réxime de concorrencia competitiva, a Convocatoria ECOBAS 2025 de axudas á mobilidade para asistencia a encontros científicos de persoal investigador.

O obxectivo desta convocatoria é o de co-financiar os desprazamentos do persoal investigador adscrito ao centro e que sexan realizados para asistir a congresos, seminarios, obradoiros ou conferencias, cursos de formación especializada e visitas preparatorias para colaboración ou propostas, que fomenten a participación activa do persoal de ECOBAS en proxectos autonómicos, nacionais, europeos ou internacionais altamente competitivos.

  • Periodo dos desprazamentos: entre o 1 de agosto e o 31 de outubro de 2025.
  • Dous prazos de presentación de solicitudes:
    • Do 1 ao 31 de agosto de 2025 ás 23.59 h.
    • Do 15 de setembro ao 15 de outubro de 2025 ás 23.59 h.

A presente convocatoria conta co financiamento de fondos FEDER procedentes das axudas para a concesión da acreditación de excelencia e para o apoio aos centros de investigación do SUG.