13/02/25

María Loureiro, Premio SERenidade 2025 pola súa contribución á sociedade

  • A directora científica de ECOBAS recibe o galardón xunto con Manuel Rivas, Encarna Otero, Borja Iglesias, a Fundación Castelao e a Galuresa

  • O xurado recoñece a Loureiro como unha das científicas “con maior impacto mundial”

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2025.- Radio Galicia, a Cadena SER en Santiago, celebrou onte no Auditorio de Galicia a gala de entrega dos Premios SERenidade 2025, onde a directora científica de ECOBAS e catedrática da USC, María Loureiro, foi unha das galardoadas pola súa traxectora profesional e a súa contribución á sociedade dende a investigación científica.

De mans do director de Radio Galicia, Mario Moreno, María Loureiro recibiu o galardón moi emocionada, orgullosa e agradecida. Experta en cambio climático, a directora científica de ECOLBAS -Centro de Investigación Interuniversitario da Economía e da Empresa-, agradeceu que “dende as ondas abordedes temas coma este con moita profesionalidade”. Moi sentida nas súas verbas dende o escenario, Loureiro relatou que, malia á perspectiva dunha amplísima carreira por diante en Estados Unidos, preferiu regresar a Galicia e non continuar coa “renuncia á miña lingua, ao meu pensar, ao meu sentir, á miña familia ou á miña música”.

Persoeiros da cultura, o deporte, o activismo e a empresa

Os premios SERenidade 2025 recoñecen nesta edición a persoeiros da cultura, o deporte, o activismo cidadán e o sector empresarial: Manuel Rivas, Encarna Otero, Borja Iglesias, a Fundación Castelao e A Galuresa.

Do escritor Manuel Rivas, recoñecido coma “un dos escritores con maior proxección internacional”, o xurado da Cadena SER destaca “o compromiso social, a memoria histórica e a defensa da lingua galega” que forman parte de su trayectoria profesional e vital coma “un dos grandes referentes daa literatura galega contemporánea”.

Pola súa banda, sobre Encarna Otero, coma referente do feminismo en Santiago, a información de Radio Galicia remarca unha traxectoria “marcada polo activismo cidadán, sempre ligada á loita polos dereitos das mulleres”.

No ámbito do deporte, Radio Galicia concede o premio SERenidade ao futbolista Borja Iglesias, na actualidade xogador do R.C. Celta de Vigo. O fallo destaca o seu “compromiso social innegable”, pois ” aproveita a súa relevancia como figura destacada no deporte para visibilizar a loita contra a homofobia ou a búsqueda de novas conquistas das mulleres nun mundo tan masculinizado coma o fútbol”.

Neste 2025, Ano Castelao, a Fundación Castelao foi tamén merecedora do SERenidade por manter “vivo e actualizado o legado dunha figura clave na historia de Galicia”.

Xa por último, no sector empresarial, Radio Galicia recoñeceu o papel de Galuresa como referente empresarial en Santiago “con máis de 20 estacións de servicio en toda Galicia e 50.000 clientes habituais e 200 empregados”.