05/09/2025

María Bastida recibe o Legacoop Best Paper Award in Cooperative Businesses de AEDEM

A investigadora garante de ECOBAS, María Bastida, recibiu a pasada semana en Palermo o recoñecemento da Academia Europea de Dirección y Economía de la Empresa (AEDEM) pola súa contribución científica no eido da economía social.

Salvatore Tomaselli foi o encargado de entregar o recoñecemento a Bastida como 𝗟𝗲𝗴𝗮𝗰𝗼𝗼𝗽 𝗕𝗲𝘀𝘁 𝗣𝗮𝗽𝗲𝗿 𝗔𝘄𝗮𝗿𝗱 𝗶𝗻 𝗖𝗼𝗼𝗽𝗲𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗲 𝗕𝘂𝘀𝗶𝗻𝗲𝘀𝘀𝗲𝘀, polo traballo titulado “Gobernanza democrática, integración de la vida laboral y familiar y transparencia: claves para fomentar el comportamiento proactivo en las organizaciones”, realizado en coautoría co tamén investigador de ECOBAS Miguel A. Vázquez Taín.

O acto de entrega tivo lugar no marco da AEDEM XXXII International Conference, celebrada entre o 31 de agosto e o 2 de setembro de 2025 na Università degli studi di Palermo, onde tamén foi recoñecido o traballo da doutoranda da Universidade de Vigo Ines Filipa Almeida Dias. Almeida, autora da investigación titulada “Good practices in retail companies for neurodivergents – employees and customers. Diversity and inclusion strategy for people with disabilities” e dirixida polas investigadoras de ECOBAS Elena Rivo e Mónica Villanueva, obtivo o RUIBAL FORMACION SL 𝗕𝗲𝘀𝘁 𝗦𝘁𝘂𝗱𝗲𝗻𝘁𝘀 𝗼𝗿 𝗗𝗼𝗰𝘁𝗼𝗿𝗮𝘁𝗲 𝗖𝗮𝗻𝗱𝗶𝗱𝗮𝘁𝗲 𝗔𝘄𝗮𝗿𝗱.