20/03/25

Management Letters recoñece a Vanessa Mato Santiso como “Outstanding Reviewer 2024” e a incorpora ao seu Consello de Redacción

A Coruña, 20 de marzo de 2025.- A revista Management Letters/Cuadernos de gestión, fundada en 1985 polo Instituto de Economía Aplicada a la Empresa da Universidad del País Vasco (UPV/EHU), ven de incorporar ao seu Consello de Redacción á investigadora posdoutoral vinculada a ECOBAS, Vanessa Mato Santiso, logo de recoñecer a calidade do seu traballo e concederlle a distinción “Outstanding Reviewer 2024”.

Vanessa, profesora axudante doutora da Universidade da Coruña, recibe este recoñecemento e da un novo paso na súa carreira investigadora pola súa “excepcional labor de revisión por pares durante o ano pasado” tras unha valoración conforme aos criterios de claridade dos informes, rigor/exhaustividade na avaliación, utilidade dos comentarios para os autores e puntualidade das revisións.

Management Letters/Cuadernos de Gestión é unha publicación semestral para traballos académicos de Economía da Empresa, teóricos e empíricos, sometidos ao procedemento de avaliación doble-cego. As súas áreas de interese son economía financeira e contabilidade, organización e xestión de empresas, marketing, comercialización e investigación de mercados e recursos humanos, estando aberta tamén a outros campos sempre e cando contribúan significativamente a tratar problemas na xestión empresarial.