
Bolsas ECOBAS de Inicio na Investigación en Economía (curso 24/25): Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas
A vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación vén de publicar no día de hoxe, luns 11 de novembro, a Resolución provisional de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria de Bolsas ECOBAS de Inicio na Investigación en Economía para o curso 24/25.
- O prazo para a presentación de alegacións, emendar os erros, as causas de exclusión e a falta de documentación se establece dende o día seguinte á publicación desta resolución ata o día 18 de novembro de 2024 ás 23.59 horas (hora peninsular española).
- Para tal fin as persoas solicitantes deberán empregar o formulario de alegacións existente na sede electrónica da Universidade de Vigo: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23195339
BOLSAS DE INICIO NA INVESTIGACIÓN EN ECONOMÍA · Curso 2024-2025
O Centro de Investigación Interuniversitario en Ciencias Sociais activa anualmente este programa de bolsas co obxectivo de promover a incorporación de estudantado interesado en iniciarse na carreira investigadora, facilitando a súa formación teórica e práctica, así como a adquisición de novas capacidades e destrezas que permitan o desenvolvemento da competencia investigadora no ámbito de traballo da Axenda Científica de ECOBAS.
As bases completas da convocatoria para o curso 24/25, publicada o martes 8 de outubro no taboleiro da Universidade de Vigo, así como toda a información relacionada, están dispoñibles no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1444
A presente convocatoria se realiza mediante Resolución Reitoral da Universidade de Vigo, no marco do Convenio de Colaboración entre a Consellería de cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de Accións Prioritarias de I+D+i 2023-2024, con cargo ao orzamento da Xunta de Galicia, no marco de Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026 (aplicación orzamentaria 10.3.561B.744.0), que inclúe no apartado de Novas estruturas de Investigación, Apoio a transformación das agrupacións estratéxicas como accións financiables relacionadas con ECOBAS.