23/11/2021

LIBRA DE OFICIO – Seminarios de transferencia ECOBAS – Juan Vázquez Gancedo (Director xeral de Martín Códax)

Nesta ocasión desplazarémonos a Cambados para celebrar o seminario nas bodegas Martín Códax, o vindeiro 23 de novembro

DÍA: Martes 23 de novembro
HORA: 17:30h
LUGAR: Bodegas Martín Códax (Cambados)
Localización Bodegas Martín Códax en Google Maps
Burgáns, 91, 36633 Vilariño, Cambados, Pontevedra
________

Nesta ocasión trátase dunha xornada especial na que teremos actividades ó longo de toda a tarde

Para asistir será preciso inscribirse 
a través do enlace que atoparás ó final desta páxina e as prazas serán asignadas por estrita orde de inscrición. Unha vez completadas, habilitarase unha listaxe de agarda por se houbera algunha cancelación.

O programa da xornada será o seguinte: 

  • 17.30 h: Relatorio de Juan Vázquez Gancedo, director xeral da Sociedade Cooperativa de Viticultores Matín Códax dende 1995. Vázquez Gancedo é, ademais, profesor no Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da Universidade de Santiago de Compostela, e no Máster de Viticultura e Enoloxía da Universidade Politécnica de Madrid.
  • 18.30h: Visita ás bodegas e cata de viños de colleita propia
  • 19.45: Degustación dun pequeno ágape nas propias instalacións da bodega. Haberá opcións veganas e/ou vexetarianas, e para persoas con algunha intolerancia alimentaria, para o que será preciso indicar estas particularidades ó facer a inscrición.

Para facilitar o desprazamento a Cambados temos previsto un servizo de autobús totalmente gratuíto con saída dende A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra para as persoas que queiran asistir, e que previamente así o soliciten ó facer a súa inscrición. 

Nesta ocasión o seminario non será retransmitido, polo que so se poderá asistir presencialmente
.

Lembramos que é obrigatorio inscribirse previamente, antes do 17 de novembro, a través do formulario habilitado para tal fin. ¡Non quedes sen a túa praza!

Inscríbete aquí.


Nos arquivos adxuntos atoparás unha breve biografía do relator, así coma os horarios previstos para os desprazamentos dende A Coruña/Santiago e Vigo/Pontevedra.