
LIBRA DE OFICIO – Seminarios de transferencia de ECOBAS – Muuhlloa – Cooperativa
LIBRA DE OFICIO – Seminarios de transferencia de ECOBAS – Muuhlloa
Chusa Expósito Casal e Carmela Valiño Vázquez , presidenta e secretaria da Cooperativa Muuhlloa, falarán do funcionamento da súa cooperativa, que traballa día a día para a revitalización do rural a través da innovación e a produción ecolóxica.
Teremos agasallos para os 20 primeiros en chegar e sortearase unha cesta de produtos da cooperativa entre todos os asistentes.
LUGAR: Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC (Santiago de Compostela)
DATA: Martes 9 de novembro
HORA: 19:00 horas
O evento poderase seguir a través de streaming pola canle de YouTube da USC
A expresión “libra de oficio” provén do refrán popular “Máis vale libra de oficio ca arroba de terra”, o cal ten o mesmo significado que “O saber vale máis có haber” ou “O saber vale máis có ter”.
Este refrán, baseado en unidades de medición tradicionais, destaca o concepto de formación vinculado a ECOBAS (oficio – saber) e manifesta a súa importancia no estudo na economía e da creación de riqueza.