Lanzamos unha 2ª convocatoria de contrato temporal de iniciación á investigación
OFERTA ECOBAS 2021-06.2:
Convocatoria de contrato temporal de iniciación á investigación
Ofértanse 4 contratos de iniciación á investigación para as persoas que se matriculen no Máster Interuniversitario en Economía nalgunha das tres universidades do SUG, co obxectivo de apoiar economicamente ó alumnado máis excelente e espertar o seu interese pola investigación.
Tipo de contrato: temporal
Duración estimada: 1 mes
Data estimada de inicio do contrato: 1de outubro de 2021
Retribución: 1.130€ brutos mensuais
Tipo de xornada: a tempo completo (40 horas semanais)
Lugar de traballo: por determinar, segundo a localización do grupo de investigación no que se integre
Traballo a realizar:
O traballo a realizar pola persoa seleccionada irá dirixido a dar apoio a algún grupo de investigación dos participantes no Máster Interuniversitario en Economía, realizando as tarefas que lle sexan encomendadas pola persoa titora.
A persoa candidata poderá solicitar a titorización dun/dunha investigador/a da súa elección, sempre que forme parte do equipo docente do mestrado, ou deixar que sexa a coordinación do programa quen llo/a asigne.
O tipo de tarefas a realizar, así coma o horario e a localización na que se desenvolva o traballo, serán consensuadas entre a persoa contratada e a persoa titora.
Presentación de candidaturas
1. Para tomar parte neste proceso de selección deberase cumprimentar o formulario de recursos humanos na páxina web de ECOBAS, indicando a referencia ‘ECOBAS 2021706.2’ e seleccionando o perfil laboral ‘Investigador predoutoral’.
Xunto co formulario achegarase, a través da propia aplicación e nun único documento PDF:
1) CV actualizado (máximo 2 páxinas)
2) copia do certificado académico dos estudos que dan acceso máster no que se indique a nota media
3) resgardo da solicitude de preinscrición
4) unha breve carta de presentación (máximo 1 páxina)
As candidaturas que non se axusten a estes parámetros non serán tidas en conta. Durante o proceso de selección, os/as candidatos/as poderán ser requiridos/as para aportar xustificantes dos méritos que figuran no seu CV.
2. As persoas que resulten seleccionadas poderán ser convocadas para realizar unha entrevista persoal en modalidade presencial ou virtual.
3. O prazo de envío de candidaturas rematará o 8 de setembro de 2021 ás 23.59h.
Aquí podes atopar a información completa da convocatoria