05/02/2020

Investigadores de ECOBAS crean unha spin-off para impulsar pequenas e medianas empresas

Esta empresa xurdiu coma resultado da experiencia investigadora dos profesores Carlos M. Fernández-Jardón e Xavier Martínez Cobas.

Os investigadores Carlos M. Fernández-Jardón e Xavier Martínez Cobas son os creadores da empresa Seixas Invest, spin-off da Universidade de Vigo que ten coma obxectivo prestar apoio  na creación, financiamento e internacionalización de PEMES, e tamén servir de guía para a posta en marcha doutras iniciativas empresariais no seo da universidade.

Seixas Invest xurdiu como froito da experiencia adquirida polos profesores Fernández-Jardón e Martínez Cobas durante moitos anos de traballo en investigacións sobre capital risco, capital intelectual, intanxibles e financiamento de pequenas e medianas empresas, e na actualidade conta xa con diversos clientes, ós que teñen asesorado con éxito, e ten incluso participacións en empresas de diversos sectores.

Ampliar información