Investigación en economía e empresas para a cativada en Cullerciencia 2025
Un incrible equipo de persoas investigadoras estivo esta fin de semana compartindo coa cativada a importancia da investigación en economía, empresa e sociedade na Feira Cullerciencia, organizada polo CEIP O Burgo en Culleredo.
Integrantes do equipo investigador de ECOBAS e persoal da UDC, Brais Pociña Sánchez, Paulino Montes-Solla, Manuel Gómez, Alejandro Fernández Marzoa, Ángeles Longarela e Yolanda Cotelo, compartiron o seu tempo e coñecementos, ademais do seu mellor sorriso, coa rapazada interesada en entender como as Ciencias Sociais poden axudar a mellor a vida das persoas á vez que coidamos o mundo que nos rodea.
A ludificación dos contidos a través dos xogos permitiu aos máis pequechos achegarse aos problemas que máis preocupan hoxendía á cidadanía para coñecer:
– A través dun 🗺️, cartas e preguntas con fichas para colorear, puideron calcular a pegada de carbono dunha camiseta e o seu custo económico, social e ambiental
– Cun xogo de 🃏 de superheroes, aprenderon a resolver problemas complexos grazas á Teoría de Xogos
– Viron como dende un 💻 podemos lograr unha boa xestión dos bens comunais
– Resolveron 🚗 atascos e a planificaron a mobilidade na cidade cun xogo de mesa
– 🆎 cun rosco de preguntas resolveron cuestións de economía da A á Z
– E para achegarse á importante cuestión da xestión das finanzas personais 💷 puideron obte diñeiro (vales por participar nas actividades) e conseguir bens (agasallos de merchandising)
Grazas a todas e a todos, vémonos na próxima!!!