
Publicado o Informe sobre a Situación Sociolaboral de Galicia 2024 do CGRL
O Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) ven de publicar hai uns días o Informe sobre a situación sociolaboral de Galicia correspondente ao ano 2024.
Este documento de análise compila datos e estatísticas das máis diversas fontes e desgrana, un a un, os aspectos definitorios do panorama laboral da nosa comunidade autónoma, atendendo á súa evolución e proporcionando información clave para o desenvolvemento das políticas públicas relacionadas coa creación e mellora da calidade do emprego e o impulso á nosa economía.
Como parte do equipo de analistas e expertos autores do informe, os investigadores de ECOBAS María Bastida e Alberto Vaquero contribúen co seu traballo nos seguintes capítulos desta obra imprescindible:
1.- A econonomía galega en 2024
2.- Estrutura empresarial e política industrial
4.- Poboación e mercado de traballo (apartados 4.1 a 4.7)
Anexo.- Emprego e investimento público.
A web oficial do CGRL ofrece en versión PDF dispoñible para descarga: