28/06/2021

I Encontro Universidade-Empresa. Innovación e emprendemento: infraestruturas, portos e enerxías renovables mariñas

I Encontro Online Universidade-Empresa de Sherpa do Mar

SHERPA DO MAR organiza un ciclo de encontros Universidade-Empresa para promover a transferencia de coñecemento e o networking entre a comunidade investigadora e o mundo empresarial do ámbito mariño-marítimo. O primeiro evento terá lugar virtualmente os días 28, 29 e 30 de xuño de 2021. Incluirá reunións B2B (reunións de 20 minutos) os días 28, 29 e 30 de xuño e unha xornada divulgativa o día 29 con poñentes de primeiro nivel. O tema da xornada divulgativa é a innovación e o emprendemento no campo das infraestruturas, os portos e as enerxías renovables mariñas.

Principais temas tratados

  • Infraestruturas Portuarias, Xestión e Transporte Marítimo
    • Gobernanza que implica actividades portuarias e marítimas
    • Transporte marítimo, plataformas loxísticas e intermodalidade
    • Dixitalización de portos
    • Proxectos e deseño de obras marítimas. Loxística e seguridade
  • Enerxía
    • Eficiencia enerxética
    • Aforro enerxético, Regulación, Política enerxética
    • Biomasa mariña / biocombustible
    • Petróleo e gas offshore
    • Enerxía eólica mariña
    • Cadea de suministro
    • Enerxía das mareas
    • Enerxía de olas

AXENDA (GMT+1, Madrid/España)

28 de Xuño de 2021. Reunións B2B

09:00 – 20:00 Reunións de 20 minutos organizadas en colaboración coa Enterprise Europe Network. Rexistro aquí

29 de Xuño de 2021. Xornada Divulgativa e Reunións B2B

10.00 – 10.20 Benvenida e Presentación

D.Manuel Reigosa. Rector Mgfco. da Universidade de Vigo.
D.Xosé H.Vázquez. Catedrático de Organización de Empresas en ECOBAS-UVigo e Investigador Principal de “Sherpa do Mar”.

10.25-10.55 A innovación tecnolóxica como “motor” da economía azul. A aposta dol Inegi polas tecnoloxías de enerxías renovables mariñas

Tiago Morais. Responsable do Grupo de Tecnoloxías do Mar no Inegi.

11.00-11.15 O proxecto Portos– Portos cara a autosuficiencia enerxética


Francisco Taveira Pinto. Profesor catedrático da Facultade de Enxeñería da Universidade de Oporto.

11.15-11.30 Porto de Vigo, espazo de coñecemento para o emprendemento verde


Carlos Botana Lagarón. Xefe do Departamento de Sostibilidade da Autoridade Portuaria de Vigo.

11.30-11.45 Atlantic Smart Ports Blue Acceleration Network


Rubén Eiras. Fórum Oceano. (pendente confirmación)

11.45-12.00 Innovación Aberta e Mar. Casos de éxito e o futuro que está por vir


Xoán Martínez.Kaleido Ideas & Logistics. CEO.

12.00-12.15 Xesgalicia: O capital risco ó servizo dos emprendedores


Yolanda Falcón García. Directora de Xestión de Participadas en Xesgalicia SGEIC S.A.

12.15-12.30 Caso de éxito: “Magallanes Renovables – Desbloqueando o futuro das enerxías renovables”


Fabio Represas Novoa. Project Manager.

12.30-12.45 Visón da Industria Offshore en Galicia e a súa cadea de valor


Enrique M. Mallón.Secretario Xeral de Asime.

12.45-13.25 Pitch proxectos SHERPA DO MAR

  • BASEMAR
  • KERSSHIP
  • COBS
  • BIMA
  • ABZU

18:00-20:00 Reunións B2B

Reunións de 20 minutos organizadas en colaboración coa Enterprise Europe Network. Rexistro aquí

30 de Xuño de 2021. Reunións B2B

09:00 – 20:00 Reunións de 20 minutos organizadas en colaboración coa Enterprise Europe Network. Rexistro aquí 

Inscrición á xornada divulgativa on-line (29 de xuño) 
Inscrición ós encontros B2B (28, 29 e 30 de xuño)