04/07/2019

Homenaxe ó Profesor Carlos Hervés-Beloso

Tivo lugar durante a celebración da XIX Conferencia Anual da SAET, que se está a celebrar en Ischia (Italia) esta semana.

A Society for the Advancement of Economic Theory (SAET) homenaxeou ó Profesor da Universidade de Vigo, Carlos Hervés, coordinador de ECOBAS.

Con ocasión da XIX Conferencia anual da Asociación, que se esta a celebrar entre o 30 de xuño e o 6 de xullo en Ischia (Italia), a Sesión titulada “Issues on Economic Theory”, organizada por Achille Basile e Maria Gabriella Graziano, da Universidade de Nápoles, e moderada por Nicholas Yannelis, editor da revista “Economic Theory”, foi dedicada a homenaxear ó Profesor Hervés-Beloso.

Na sesión participaron a Profesora  Claudia Meo, da Universidade de Nápoles, e tres dos discípulos científicos do Prof. Hervés, representantes de distintas xeracións: Emma Moreno, Catedrática da Universidade de Salamanca; Joao Correia da Silva, Profesor da Universidade de Porto; e Hugo del Valle-Inclán, actual investigador predoutoral na Universidade de Vigo. 

Con esta homenaxe, á que asistiron moitos colegas de profesión de Hervés, coma M. Ali Khan, da Johns Hopkins University, Konrad Podczeck, da Universidade de Viena, Anne Vllamil, da Universidade de Massachusetts, ou  Timothy Kehoe, da Universidade de Minensota,  a SAET quixo conmemorar e salientar a traxectoria deste destacado investigador.