Explorando o Futuro dos Mercados Laborais no Eixo Atlántico: Ciencia, Sustentabilidade, Tecnoloxía e Estudos Mariños

Organizado polo Instituto Universitario de Estudos Marítimos (IUEM) da UDC en colaboración con ECOBAS e o Economic Development and Social Sustainability (EDaSS), o encontro se desenvolve baixo a dirección dos profesores e investigadores Asunción López Arranz e Xosé Picatoste.

Durante dous días, os 27 e 28 de novembro, se desenvolve na Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol un completo programa no que, entre outros expertos, participa o Catedrático de Economía Aplicada da Universidad Autónoma de Madrid (UAM), Santos Miguel Ruesga Benito, coa conferencia titulada “O estatuto dos traballadores no século XXI: desigualdade e diversidade”.

Este encontro de portas abertas, dirixido a toda a comunidade universitaria e ao público xeral, inclúe a presentación do libro “Trabajo, relaciones laborales y políticas de empleo: Ensayos en homenaje a Santos M. Ruesga” e un obradoiro sobre as estratexias para a formalización da economía informal no sector marítimo da Ría de Ferrol.

Descargar programa