21/06/2016

Eidolocal: Promovendo a transparencia dos municipios a través de internet

A Xunta de Galicia, coa colaboración do grupo GEN, lanza Eidolocal, unha plataforma destinada a promover a transparencia de xestión nos municipios galegos

En marzo deste ano a Xunta de Galicia introduciu un portal web que promove a transparencia e o bo goberno. Trátase da plataforma www.eidolocal.gal, un lugar onde os municipios galegos, ademais de publicitar servizos e actividades, poden cumprir cos criterios de transparencia establecidos pola normativa, e os cidadáns poden acceder a información relevante das administracións locais e dos concellos.

Para por en marcha este proxecto contan coa axuda e colaboración da Universidade de Vigo, que de acordo ó contrato asinado coas institucións galegas recibirá unha financiación de 40.000€ nas anualidades 2016 e 2017 para levalo a cabo. O encargado de executar esta tarefa e proporcionar apoio especializado a todos os municipios que teñen que exhibir transparencia no seu traballo será o grupo GEN (Governance and Economics research Network), pertencente á Agrupación Estratéxica ECOBAS, que non é a primeira vez que colabora coa comunidade local no ámbito da aplicación do desenrolo da lei, xa que en 2014 creou Red Localis, unha Rede Local de Administración Pública centrada no municipalismo galego e que busca converterse nun foro de reflexión sobre a xestión do mesmo.

Consulta máis información nos seguintes enlaces:
Artículo no Faro de Vigo
Páxina web oficial de Eido Local
Páxina web oficial de Red Localis