ECOBAS promove a iniciativa “Por unha alianza no sector industrial galego”
Investigadores de ECOBAS participaron a pasada semana nas reunións convocadas por CES Galicia.
Os investigadores Xosé H. Vázquez, Belén Fernández-Feijóo, Jose María da Rocha, F. Xavier Martínez Cobas, Juan Surís, María Quintás Corredoira, Dolores Garza Gil, Coral del Río e Jose Manuel García Vázquez participan nesta iniciativa, que ten coma obxectivo desenvolver unha política industrial que permita asegurar un crecemento económico inclusivo en Galicia.
O Consello Económico e Social de Galicia (CES Galicia) organizou a pasada semana unha serie de reunións en cinco áreas temáticas nas que participaron preto de cen interlocutores pertencentes a sindicatos, universidades, pemes, grandes empresas, clusters e centros tecnolóxicos. Ademais de recollerense máis de 60 propostas agrupadas por retos, as xuntanzas posibilitaron a mobilización das vontades necesarias para compatibilizar a produción material de certos bens e servizos cunha aposta firme e sostida pola xeración de coñecemento para a innovación.