ECOBAS organiza un Curso de Introdución ás Revisións Sistemáticas e a Metaanálise
A xornada tivo lugar o pasado 7 de novembro e permitiu ós asistentes coñecer e profundar sobre estas técnicas
O pasado luns 7 de Novembro celebrouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo o Curso de Introdución ás Revisión Sistemáticas e a Metaanálise. O evento, que tivo lugar ó longo de toda a xornada, estivo organizado por ECOBAS e foi impartido pola consultora BIOSTATECH.
A actividade serviu para que os asistentes puidesen coñecer e profundar nestas dúas técnicas, identificando tódolos pasos necesarios para implementalas nas súas investigacións con éxito. Tamén se expuxeron as limitacións da metaanálise e se identificaron diferentes ferramentas coma software e outros recursos dispoñibles para a súa execución.
ECOBAS continúa a apoiar este tipo de accións formativas, dirixidas tanto a doutorandos coma a investigadores sénior, en liña coa súa estratexia de mellora das competencias transversais do persoal investigador da Agrupación.