ECOBAS oferta contratos en investigación para seis alumnos excelentes que se matriculen no Máster Interuniversitario en Economía
ECOBAS ten aberta ata o 15 de agosto una convocatoria na que se ofertan 6 contratos de iniciación á investigación para as persoas que se matriculen no Máster Interuniversitario en Economía nalgunha das tres universidades do SUG.
O obxectivo desta oferta laboral é apoiar economicamente ó alumnado máis excelente e espertar o seu interese pola investigación.O traballo a realizar polas persoas seleccionada irá dirixido a dar apoio a algún grupo de investigación dos participantes no Máster Interuniversitario en Economía, e as persoas selecionadas poderán solicitar a titorización dun/dunha investigador/a da súa elección, sempre que forme parte do equipo docente do mestrado, ou deixar que sexa a coordinación do programa quen llo/a asigne.
O tipo de tarefas a realizar, así coma o horario e a localización na que se desenvolva o traballo, serán consensuadas entre a persoa contratada e a persoa titora.A data estimada de inicio dos contratos serán o 15 de setembro, e terán carácter temporal, unha duración de mes e medio a tempo completo e unha retribución de 1130€ mensuais.
Requisitos e máis información aquí.