21/02/2024

A alfabetización financeira das persoas emprendedoras, novo proxecto de ECOBAS a través do observatorio AFFE

Extender o coñecemento sobre a alfabetización financeira das persoas emprendedoras e as súas consecuencias en aspectos coma o rendemento e a propia supervivencia das micro e das pequenas empresas é o obxectivo do proxecto que lidera o observatorio AFFE, do que ECOBAS é entidade promotora, e que vén de resultar adxudicatario dunha das axudas do Centro de Estudios Financieros (CEF) no marco da “III Convocatoria Grupos de Investigación en Contabilidad”.

Existen múltiples evidencias de que as competencias financeiras das persoas xestoras condicionan o rendemento dos negocios. Plantexado sobre esta premisa, o proxecto liderado polo investigador permanente de ECOBAS Ernesto López-Valeiras, analizará a presencia do efecto Dunning-Kruger en persoas emprendedoras en España, así como a relación entre as habilidades contables das persoas xestoras/propietarias e o nivel de restriccións financeiras que enfrentan as micro e as pequenas empresas á hora de solicitar un crédito no noso país.

“Estamos moi contentos porque é a primeira actividade de transferencia neste eido que realizamos conxuntamente investigadores de ECOBAS”, afirmou López-Valeiras, que espera que este proxecto aporte un valor diferencial ás persoas que deciden iniciarse no camiño da creación de empresas. Na súa opinión, “nun mundo empresarial cada vez más complexo, a alfabetización financeira é clave para a toma de decisións informadas e o crecemento sostible das startups”.

Ademáis de PDI pertencente á UVigo e á USC, entre as que se encontra a investigadora permanente de ECOBAS Sara Fernández López, o equipo conta con persoal da Universidad de Burgos e da Universitat de València